![]() |
| Un dos puntos máis espectaculares do Trail |
Se ben a tarde comezou cuberta mais apacíbel, segundo se ía gañando altura a paisaxe ía desaparecendo tupida por unha mesta néboa de choiva, no medio duns ventos por veces infernais e tamén o frío máis propio do inverno que dos prolegómenos do verán. Asi, á dureza da proba sumouse as adversidades engadidas polo tempo, cun chan moi esvaradizo sobre todo nos tramos que percorren por granito, fortísimos ventos que case obrigaron a impor o uso de cortaventos e choiva persistente durante os tramos máis escarpados.
![]() |
| Estes foron no 2015 os verdadeiros Reis do Monte Pindo |
A proba contou cunha alta participación feminina, e a muller mellor clasificada foi a coruñesa Almudena Suárez Pazos, 58ª na xeral cun espectacular tempo de 2 horas e 50 minutos, sendo a primeira veterá a viguesa Margarita Beiro González. sendo o terceiro posto desa categoría para a ceense Belén Pérez Martínez, . O primeiro veterán masculino foi o redondelán César Santos Barciela, que conquistou nada menos que o oitavo posto da xeral. Dentro dos corredores locais, salientar a magnífica participación dos Praia de Carnota Runners, equipo amateur conformado por unha ducia de veciños do noso Concello e do entorno, que lograron situarse en torno ao posto cen e por debaixo das tres horas, tempos absolutamente brillantes tratándose da xa considerada proba raiña dos trails galegos e non sendo profesionais. O resto dos resultados pódense consultar aquí. Os premios a todos eles, obra do artesán local Nacho Porto, foron entregados en nome de GMTA José Moutinho, en nome de Monte Pindo Parque Natural Mario Maceiras e polo alcalde de Carnota Ramón Noceda, reelixido como tal esa mesma mañá.
![]() |
| Aspecto que ofrecía o control de dorsais na Laxe da Moa |
Por último, a moi nomeadamente, queremos agradecer a espectacular resposta de corredores e familiares á nosa chamada para conquistar o Olimpo Celta, pois eles son os verdadeiros herois do día, e non podemos finalizar sen dirixir unha mención moi especial ás 36 persoas que non lograron completar a proba. Algunhas por teren sufrido pequenas lesións, outras por non ter podido acabar; na próxima edición de seguro non se lles resistirá.En nome do conxunto desta humilde entidade veciñal que nunca soñou sequera con poder participar en algo tan grande, grazas a todas e todos!


