Simposium


A Asociación Monte Pindo Parque Natural presenta o V Simposium Monte Pindo, que baixo o título «A Memoria dos Fuxidos» terá lugar o sábado 1 de outubro no Pósito do Pindo (Carnota).
Programa 
  • 10:00h. Inauguración a cargo de Merche Díaz Mayán, secretaria da Confraría O Pindo e directiva da Asociación Monte Pindo Parque Natural.
  • 10:30h. Proxección do filme "A Mariñeira de Quilmas" (ano 2007, 84') .
  • 11:45h. Charla-coloquio con Antón Dobao, director do filme, e con Darío Xohán Cabana, autor do relato "A Mariñeira de Quilmas".
  • 12:30h. Palestra «Evasións por mar na Guerra Civil. Os fuxidos do Pindo» con Eliseo Fernández, historiador.
  • 14:00h. Xantar no restaurante da pensión A Morada do Pindo. Prezo: 15€ por persoa. Anotarse no 655 56 43 72 ou en info@montepindo.org. Menú: Ensalada ou ensaladilla, churrasco, postre e bebida. Informar de intolerancias ou outras necesidades expeciais.
  • 17:00h. Palestra «A sublevación militar franquista e os escapados do Monte Pindo» con Luis Lamela, historiador.
  • 17:45h. Palestra «Galeguismo e represión en Carnota e na bisbarra» con Moncho Ermida, historiador.
  • 18:30h. Clausura a cargo de Marupe Armendáriz, concelleira de memoria histórica do Concello de Carnota.

A asistencia a todas as actividades -exceptuando o xantar- é libre e gratuita.