![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgI2qqXCXSchiJ7fVQxHEZCOwqs_fA_EQ_9Vs_i24Ys8xeuyxuq6_mDC7kFhNM8InDijRbvAQ9qDClMWu3crwhs5rs1tY3TjAaVh_yx7YDH02kutyQFBu6JUysU45qrma0VnUbJVqqgpYE/s320/2470167.jpg)
Pois si. A "
Vía Monte Pindo" atópase no fermoso municipio de
Fabrizia, situado na provincia de Vibo Valentia, na rexión de Calabria (no extremo máis meridional de Italia, a famosa "punta da bota").
Os veciños de Fabrizia honran a San Antonio de Padua o 13 de xuño, e apenas suman 2.500
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgcjZyoS6dd0h3Ppd079ajkUcTW8LXRp8QaEi5AzizjSsoFGnIWNNj5U1I8koyjPHDglPjM6vMi1htApp_O0axlpoYZcwzrbn4u-XceTYKsuwarr7dZevsptxcwLbaZpx2MKdIc8xTRyOQ/s320/l022.jpg)
habitantes por ter perdido a metade da súa poboación en cousa de medio século. Porén, conta con bastantes servizos, como farmacia, banco ou escolas. A súa festa popular máis coñecida é unha
Castagnata que non precisa tradución, e teñen moita afición pola colleita de fungos. Abondan os xabaríns e o carballo é tan típico nesa zona que mesmo coroa a xeito de loureiro
o escudo da provincia.
Moitos
fabriziotis (pois así se chaman) ignorarán que o nome dunha das rúas do seu concello vén dado por un monte considerado sacro situado a
2.190 quilómetros de distancia na temida fin do mundo da lonxana
Galizia, e menos aínda que os seus habitantes se están unindo na súa defensa para que o declaren Parque Natural. Pero ben pensado debemos desculpalos, pois tamén nós ignoramos o motivo polo que o Olimpo Celta bautiza unha rúa tan alonxada no plano.
Aínda que esperamos que sexa por pouco tempo: A Asociación Monte Pindo Parque Natural xa enviou un correo ao alcalde de Fabrizia
, rogándolle calquera información que poida relacionar a localidade italiana coa galega. De dar os seus froitos esta misiva agardamos poder revelala neste espazo en pouco tempo.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEilOcsS4yVMwN5drwwlmLINbkT_xurP1bZ01ekF7bFY122J49UaheNNQI61VypNWsLU9ta928-HK6pbNOPI1MHp9E41JvkIizapewNfwrSdTQA6maa5eH2Mhf2Rp7739v_EBvlbQ2kVbhg/s320/800px-Le_Serre._Panorama_dalle_pendici_di_Monte_Cucco_verso_Monte_Mazzuolo._Vallelonga.jpg)
Por certo, supoñemos que as semellanzas entre Fabrizia e calquera localidade típica galega vos sorprenderon. A nós tamén nos sorprendeu saber que somos tan parecidos en todo... ou, mellor dito, en case todo:
Fabrizia xa ten o seu parque natural.