![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi9kUSP9wFjrxd1CSx7xudaRmHkdLDajHilxIrrEjhq7PdGDTjjH5xyfDT_OU61QzndolTv1wvO8g1nzXJ3fy5a-qejEbhbICASriVFs94R-ZxBQIwwucPiR93dU4w3Kk6dXmGeJZYpf98/s200/1341242101_407691718_1-Fotos-de--Boletos-de-Avion-Interjet-con-50-de-descuento.jpg)
Por outra parte, a Asociación Monte Pindo Parque Natural leva recibido unha avalancha de mensaxes de persoas que desexan colaborar e non poden por non dispor de tarxeta de crédito nin de conta PayPal, os únicos métodos previstos ata o momento para subscribir a Antoloxía. É por iso que, en adiante, imos habilitar o ingreso a conta corrente para que a subscrición popular se poida facer dun xeito moito máis fácil e accesíbel. Os datos para facer o ingreso son os que seguen:
Nº de Conta: 2080-0025-43-3040001120
Entidade: NovaGalicia Banco
Destinatario: Asociación Monte Pindo Parque Natural (CIF: G-70280177)
Nota: Se a túa entidade bancaria estabelece algún tipo de comisión, débese ter en conta á hora de facer o ingreso.
Agardamos que continúe o bo ritmo de recadación na plataforma Goteo.org, onde xa hai dispoñíbel un muro agradecendo todas as colaboracións, de xeito que en moi poucos días poidamos darvos unha noticia moi importante para o Monte Pindo e a poesía galega. Moitísimas grazas a todos!