![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEisgDZlemY5i5K2QGqcFOzzGhfMdW8H9Qb80ksC55YR5vPHYvuQm-aZOFOvISmycgwWEOJk5IoNfPV_s9bgSvvjqIwPfA4r2L8BiWcltld6DQgk-gKXeva4HrhJpSGDb6xjEjjzDiQfqeE/s320/445px-A_coruna_torre_de_hercules_sunset_edit.jpg) |
Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade |
Os apoios seguen chegando, incluso desde os sitios máis alonxados e a pares. Son agora os veciños de dous dos barrios máis populosos da cidade da Coruña os que se suman á declaración de Parque Natural para o Monte Pindo.
As directivas da
Asociación de veciños Atocha, Monte Alto e Torre de Hércules asi como da
ARCD Palavea Bravú acordaron trasladarnos os seus respectivos
apoios ao Monte Pindo e axudarnos a difundir a nosa causa na capital provincial. Ademais xa están estudando organizar visitas dos seus asociados e asociadas a este cume máxico de 627 metros de altura a rentes do mar.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhnyPVRk4R2yGGqRceZNGjIAJTFz710Ti0KAVmmiZf8kPN-bBd81sIfkO_bJ_os8-NFLMWJ-OD1wcRrexYhOvi3k_n-0bldQCGT4TiEZlNoHWTuNfoLesOyAx8h9EmKCKzkOxFKtIvqVKg/s320/MONTEALTO.png)
Estes novos apoios coinciden no tempo coa
protección legal do Carballo Anano do Monte Pindo, un fito para o noso medio natural por verse traducida na garantía de futuro para esta especie que só pervive en certas partes do Olimpo Celta, e prodúcense xusto un ano despois da declaración da
Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiKhr61_y1thyrj07_yoH7OoOQ70Qa9oxvEnFmVJI9HhsX6YAYd_6KzfnEokvw8ovH6rFHSpOXFsh-KX61dvzKW91o76xjfSgJHtEPTqw6Avq_bdGQ1dd6ehOZHzruVDrcSBYO8GU9_o2Y/s320/PALAVEABRAVU.png)
Agardamos que o apoio destes dous importantes colectivos coruñeses sumen o seu ánimo e sorte á causa da protección e desenvolvemento do Monte Pindo carnotán, e saudamos a loable e intensa actividade social que veñen desenvolvendo nos seus respectivos barrios, e que podedes coñecer nas súas páxinas web.