![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjbjdWenLNaKx3M3kuT4m_SnJka1VE0YQtTYJk5UID2xe3xKMZ8w2lquBRMA_8FwPRnTk-3nODBzZ9Y6ZbKYKLgGjcO-fdyb6K48gTDtren_8phc6nmTROKnyXl-Hvy0b7lXxzD-O5Klo4/s320/Ponteareas.jpg)
Estes días estamos traballando os animais.. a natureza, tamèn falamos aí atrás de asociacións que se adican ó coidado da Natureza.Ademais, acábannos de comunicar que os pequenos colaborarán co flashmob polo cal o logo do Monte Pindo pasará de man en man dos nosos amigos e as nosas amigas do mundo enteiro para rematar coroando o máis alto da Moa.
Falamos entre elas de Adega, esta asociación galega , en colaboración con outros colectivos reivindica a consideracion do Monte Pindo como Parque Natural.
Desde a nosa Asociación aplaudimos a iniciativa deste centro, non só por difundir os valores deste marabilloso espazo que a ninguén deixan indiferentes, senón sobre todo por traballar con nenos de tan curta idade de cara a sensibilizalos co coidado e o amor pola natureza en xeral.
Ogallá antes que despois esta visita virtual dos intrépidos pequechos ao Monte Pindo se poida convertir nunha realidade.