O Monte Pindo segue no verdadeiro centro da atención informativa case dous anos despois de comezarmos coa nosa humilde andaina, mais esta fin de semana caeu unha das derradeiras barreiras que aínda se lle resistiran: a canle pública autonómica, a TVG.
E se ben nunca deixou de sorprendernos a ausencia da máis mínima referencia ás moitas boas novas que vos temos contado ao longo deste tempo, o certo é que, por fin, a canle de todos os galegos dedicoulle os seus primeiros 5 minutiños -que nos saben a gloria- ao Monte Pindo, e tamén á nosa reivindicación. Foi grazas ao programa A Revista FDS, á que temos que agradecerlle que por fin nos deran esta oportunidade de falarmos para todos os galegos sen distinción.
Emitimos aquí o corte completo, que vos recomendamos ver, mais a parte expresamente dedicada ao Concello de Carnota e ao Olimpo Celta transcorre desde o minuto 35:15 ao 40:25, aproximadamente.
Os rapaces de Baio, coa protección do Olimpo Celta
Xa a menor escala, ou non, os nenos e as nenas do IES Maximino Romero de Lema, de Baio, tamén dedicaron un oco no seu fermoso docu-informativo medioambiental "Terra, Mar e Xente", un proxecto escolar que resulta unha auténtica delicia de ver.
Nesta ligazón podedes ver o corte dedicado exclusivamente ao Olimpo Celta, que por suposto remata ao berro de "Monte Pindo, Parque Natural!".
Se preferides ver os interesantes cortes enteiros, aquí tedes a 1ª e a 2ª parte.
25/06/12
21/06/12
O axente forestal Sande explica para «Van de verde» os motivos para declarar o Monte Pindo Parque Natural
Sección |
Actualidade
Pablo Carballo, presentador do programa medioambiental «Van de verde» da V Televisión, achegouse recentemente ao Monte Pindo para preguntarlle ao axente forestal de Muros e Carnota, Fernando Sande, cales son os motivos que na súa opinión fan ao macizo carnotán merecedeiro da súa declaración como Parque Natural. Velaquí o programa completo.
18/06/12
A Xunta salienta o Monte Pindo como un dos puntos xeolóxicos máis importantes do país
Sección |
Curiosidades
![]() |
| Imaxe xigante do Monte Pindo en "Gallaecia Pétrea" |
![]() |
| Varela e Feijóo, entre outros, de costas ao Monte Pindo. |
Ademais, o Monte Pindo é salientado e valorado dun xeito especial noutros puntos da exposición asi como nos folletos impresos. Ningún outro accidente xeográfico do territorio galego conta con semellante proxección no evento, que novamente recoñece o antigo Monte Sacro de Carinota como un dos puntos xeolóxicos máis importantes do país e do mundo, e a súa efixie dignataria de representar o conxunto do inmenso potencial pétreo e patrimonial co que conta o noso territorio.
![]() |
| Vidal Romaní, co-organizador da exposición, explícalla ao equipo do presidente galego |
![]() |
| A presenza do Olimpo Celta na exposición destaca de todos os ángulos |
Señor Presidente, Señor Conselleiro de Medio Ambiente: Déixense de excusas e evasivas, e fagan o que saben que teñen que facer, que non é nin máis nin menos que o que se espera do mandato que a cidadanía galega lles encomendou.
04/06/12
A visita frustrada de Guillermo Schulz ao Monte Pindo en 1832
Sección |
Curiosidades
Outono de 1832. Un xovencísimo enxeñeiro de minas hispano-alemán, Wilhelm Phillip Daniel Schulz, acaba de ser ascendido a Inspector de Distrito para Galiza e Asturies. Guillermo Schulz, como ficou para a posterioridade, aproveitou eses anos para escribir auténticos tratados de xeoloxía da época. Sendo asi, a ninguén sorprende o seu interese por coñecer o Monte Pindo. Só un potente nordés que impediu traballar ao barqueiro do río Xallas, deixounos ás portas da que sería a primeira descrición do Olimpo Celta desde o punto de vista xeolóxico e científico de todos os tempos, ofrecéndonos datos de incuestionábel valor sobre a toponimia, fisionomía e os usos do monte naqueles tempos.Malia este infortunio, grazas ao traballo do catedrático de Xeoloxía e director do IUX Parga Pondal, Juan Ramón Vidal Romaní, podemos coñecer o contido dos manuscritos elaborados por Schulz no seu Cuaderno de Campo en todo o que se refire á súa visita fallida ao Monte Pindo, o que agora poñemos en coñecemento de todos vós. Disfrutádeo tanto como nós fixemos.
Guillermo Schulz
CUADERNO DE CAMPO, N.º 1 (Sept.- Nov 1832)
por Juan Ramón Vidal Romaní
Domingo 14 de Octubre
Salí a amanecer de Corcubión con el objeto de ver la cascada del Ezaro, la Sierra del Pindo y alcanzar luego algunas leguas hacia Santiago, pasé pues por la villa y Puerto de Ce, luego a la derecha no lejos de la costa por la parroquia de Brens donde viene un riachuelo por un valle abajo y desemboca en el mar en un sitio llano y pantanoso, después se pasa varias cañadas y lomas ásperas y un lugar perteneciente a la parroquia de Ameijenda, de allí bajé a la playa del Ezaro y barca del Pindo, dejé los caballos y aquí fui a la Cascada (Aguadero del Pindo) que está a corta distancia desde la embocadura en el mar pero no se ve desde la playa porque el curso y madre de Ezaro es tortuoso entre cerros de peñascos descarnados, la cascada no es de las mayores sin embargo para las escasas de Galicia es hermosa puede tener unos 55 o 60 pies de altura y cae despeñandose al río sobre una superficie de roca descarnada de unos 82 grados de inclinación, abajo hay un caldero o pozo que recibe el agua en forma de espuma blanca y de allí sale sobre peñas y va luego a la pequeña ría. Habiendo visto esta cascada quise pasar la barca por cortar luego por la montaña del Pindo, no era posible pasar la barca por un fuerte N.E. que soplaba aquí a pesar del resguardo que forma el áspero Pindo, y era tal el viento que tiraba el agua derecho de la cascada hasta cerca de la barca una distancia de al menos 500 ó 600 varas; también me aseguraron que era imposible atravesar la Sierra del Pindo subiendo por su falda occidental que es aún para hombres a pie intransitable; persuadido por mi propia vista de esto torcí atrás y tomé por la derecha del Ezaro una penosa cuesta arriba pasando antes por el lugar de Ezaro que está en un vallecito mirando al mar, subida la cuesta se pasa por otro que se llama Sta. Eufemia y de allí poco hay la barca de los Crejos sobre el Ezaro y por la izquierda del pasando así un fuerte arroyo se entra en la parroquia de Arcos que tiene varios lugares, el último a levante es Figueiras. En este trecho desde la cuesta de Lezaro hasta Figueiras se ve bien todo el Pindo que es por la parte de levante poco elevado sobre el nivel general del montuoso pais pero se distingue de los demas montes por su áspera superficie y sus picos descarnados sin vegetación, mientras los demas montes, algunos más altos que el Pindo están cubiertos de vegetación y matas; sigue el país montañoso y mal de caminar hasta media legua al Este de Figueiras, y hay por aquí un fuerte afluente del Ezaro que corre como aquel entre piedras y con madre estrecha y aspera y se une al Ezaro cerca de Eufemia. Mas adelante me llevaba el camino a N.E. por país inculto pero de suelo liso un largo trecho que forma vértice entre aquel afluente del Ezaro y otro que viene de Coiro, Beba, pasa por Mazaricos y va al Lezaro cerca de Olveira y forma un grande espacioso valle de 2 1/2 legua de largo de S. a N. y 1 legua larga de ancho de O. a E. y por la parte de N.E. Hay otro gran valle separado del anterior por una cordillera que pasa de S. a N. y incluyendo el segundo gran valle de Lezaro pasado esta cordillera se ve ya todo el país del Jallas bastante despoblado a escepción de unas miserables casas pero por la derecha se ven lugares al borde de los (pais mas) cerros; se llega a Vilarfrio de donde hay que atravesar aun una sierra de una media legua de ancho y se llega a Portocamino, donde hice noche en la taberna, llegando a ella ya después de anochecido del todo.
El terreno que vi hoy en mi viaje es primero granito común desde Corcubión a Ce hasta el valle de Brens que tiene bastante aluvión pantanosa y arenosa luego alterna gneis con granito común que predomina, y hay en el valle de Ezaro un fuerte arenal y en este ya empieza el terreno del Pindo que es un granito algo porfídeo de feldespato rojizo el cual da a toda la montaña un aspecto rubio porque no tiene vegetación alguna. Sobre granito comun se sube la cuesta de Ezaro a Sta. Eufemia y se pasa el río Ezaro por la barca dos Crejos; Sin embargo luego se ve terreno por la parroquia de Arcos que alterna con granito común, pero 3/4 de legua en la cual cae Figueiras el gneis venilloso porfideo como el de Bollo y Payo después vuelve granito comün hasta Puente nova en el valle de Entines o Mazaricos el cual es de roca feldespática, ya con algun cuarzo ya con algun anfibol ya con algún mica se puede considerar el valle de Pontenova de Eurito y así la cordillera desde esta este valle y el superior en el cual ya se mezcla mas anfibol y la cordillera alta que se atraviesa para ver ya todo la tierra de Jallas esta es de una roca verde o chloritosa despues en la tierra llamada Alvite, etc. se mezcla poco a poco mica en lugar de anfibol y clorito con el feldespato y sigue en forma de terreno esteatítico o pizarra talcosa y micacita hasta Vilarfrio cuya Sierra hasta Portocamiño es de granito si no me ha engañado la vista ya de noche obscura. Por todo este país desde 1/2 legua al Este de Figueiras hasta Portocamino hay mucha tierra vegetal que cubre la roca primitiva, yen algunos arroyos se ve que el terreno aluvial o vegetal tiene mucho espesor, hasta algunas varas. Pero la Sierra que divide las dos partes del valle bajo del Lezaro es de otro aspecto que los demas en Galicia y es sin duda porque es la unica sea tan euririca, la principal ya es de roca anfibolica que hay mas en Galicia en grandes masas. El valle superior del Ezaro es mas redondo y mas (estéril) inculto pero cubierto de mucha vegetación espontánea como son matas y hierbas.
30/05/12
Monte Pindo, terra de geocaching
Sección |
Curiosidades
![]() |
| Un dos "cachés" agochados actualmente no Monte Pindo |
Na Asociación Monte Pindo Parque Natural xa hai algún tempo que temos coñecemento da existencia de varios cachés no Monte Pindo, espazo natural que consideramos óptimo para xogar a converterse en buscador de tesouros mediante o geocaching, pois ademais da emocionante experiencia achega unha situación privilexiada nun monte mítico e pragado de interese histórico e natural, a 627 metros de altitude a menos de dous quilómetros do mar da fin da terra, o que ofrece unhas paisaxes óptimas de boa parte da Costa da Morte.
Para un óptimo disfrute desta actividade partindo do máximo respecto pola natureza, deben usarse os camiños tradicionais de acceso ao monte, e moi especialmente os que estamos recuperando. O simple feito de camiñar por eles fai que estén cada vez máis limpos. Por outra parte as incursións continuas fóra dos camiños habituais perturban a delicada vida animal no Monte Pindo, e unha excesiva presión sobre os seus hábitats poden provocar mesmo que determinadas especies abandonen a zona definitivamente. Asi mesmo, debemos lembrar que hai zonas do Monte Pindo que son perigosas e de moi difícil acceso no caso dun hipotético rescate, polo que o xogador debe extremar as precaucións antes de internarse por localizacións que descoñece (aínda que dispoña de apoio GPS), e máis se as condicións meteorolóxicas son adversas no día escollido. Por último, e máis importante, disfrutar moitísimo da visita e ollar ao redor, non só na procura do ansiado tesouro, senón tamén da exclusiva xeoloxía, bioloxía e patrimonio do Olimpo Celta.
21/05/12
Unha visita ao Monte Pindo remata co achado dunha moeda de Afonso X O Sabio
![]() |
| Anverso |
![]() |
| Reverso |
Cada unha das caras conta con diferentes motivos. O anverso conta coa inscrición CA.ST.EL.LE cinguindo un cadrado que contén un castelo, e unha ceca debaixo bastante deteriorada que semella unha vieira que o adscribiría inconfundibelmente á ceca da cidade herculina. No reverso, a inscrición LE.GI.ON.IS rodea un cadrado que contén un león.
O óbolo de vellón sería acuñado precisamente na mesma época na que os expertos datan a inscrición achada recentemente na ermida do Monte Pindo, e que podería corresponderse á súa data fundacional ou dunha reconstrución posterior. Isto podería suxerir un certo vencello entre os dous achados, e mesmo que existiu nese tempo peregrinaxe á ermida e unha tributación a aquela que fose a súa advocación, cousa que como outros moitos detalles da edificación aínda descoñecemos.
| Veciños de Lugo no Monte Pindo |
Actualización a 22 de maio de 2012
O arqueólogo Laureano F. Carballo, académico e profesor do IGEC (Instituto Galego de Estudos Célticos) especializado en numismática, acaba de confirmarnos que a peza procede sen lugar a dúbidas da ceca (fábrica de moeda) da Coruña.
10/05/12
Nace o Proxecto Torre dos Mouros
Sección |
Actividades
![]() |
| Restos da Torre dos Mouros. Foto: Antón Malde. |
Este venres 11 de maio, ás 20:30 horas, a Concellería de Cultura e Deportes do Concello de Carnota emprázanos a todas e a todos a unha xuntanza no Salón de Actos da Casa Consistorial para explicar exactamente en que vai consistir este proxecto, no cal vai cobrar unha importancia moi destacada a acción voluntaria.
Agardamos que este primeiro piar da iniciativa contribúa a avanzar na boa dirección de seguir socializando os nosos bens patrimoniais e tamén a facer partícipes aos seus herdeiros, os veciños e as veciñas de Carnota, na recuperación e o estudo dunha Torre dos Mouros que promete moitas, moitísimas sorpresas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





.png)



