Na data sinalada do Dia das Letras Galegas, a coordinadora das Xornadas de Historia e Patrimonio "De Castros a Castelos" reuniuse para valorar a totalidade das comunicacións recibidas ata o prazo límite do 15 de maio, e malia a alta calidade e interese de todas as propostas recibidas houbo que elixir as 8 intervencións que ocuparán o cuarto bloque da programación das Xornadas, que se desenvolverá o domingo 2 de xuño desde as 16:00 horas. Cada unha destas comunicacións durará un máximo de 20 minutos, podendo optar o poñente por esgotar o tempo máximo ou ben dedicar uns minutos finais a atender preguntas do público.As comunicacións seleccionadas son as seguintes:
- 16:00 h. "Aproximación á cerámica medieval compostelá. Resultados preliminares do xacemento do Franco 31." Francisco Alonso Toucido (Graduando en Historia pola USC)
- 16:20 h. "¿Cómo se vivía e cómo se morría na Galiza Romana e Medieval? Unha
- aproximación á saúde, dieta e vida cotiá dende o estudo dos esqueletes." Dra. Olalla López-Costas (Universidade de Granada)
- 16:40 h. "Miña terra galega: outros significados do termo terra e a súa importancia na organización do territorio galego medieval" Mariña Bermúdez Beloso (Licenciada en Historia pola USC)
- 17:00 h. "A presenza militar romana na Gallaecia occidental: novos datos para a súa investigación." Manuel Gago (profesor de CC. da Comunicación, USC) e Antón Malde (arqueólogo)
- 17:40 h. "Iglesias del noble, castillos de Dios: una introducción a las iglesias y monasterios fortificados en la Baja Edad Media". Pablo Ordás Dïaz (Investigador predoutoral contratado, programa I2C, Departamento de Historia da Arte, USC)
- 18:00 h. "O Castelo de Soutomaior. Un exemplo de arquitectura militar e de imaxe de poder." Silvia Cernadas Martínez (Licenciada en Historia pola USC)
- 18:20 h. “A reocupación do espacio urbano romano na época medieval. O caso de Pontevedra: dunha mansio viaria aberta, a unha vila amurada”. Antonio Castro Rozados
- 18:40 h. "O poder do arcebispo: Arquitectura e urbanismo na Compostela Xelmiriana". Javier Castiñeiras López