![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiO6iruEQbiN1ZVL5ZaL1O8wN0PieMkBnVeJ1MaPpBEHxwlYVNgBO2mUa4fWGuhw1rxhwG09unueCdiCom16TXn4RaQZAOUVdcqITFDDXSD5z8q579JUCdmpwbXStJm7nJDz6lDgQOMaaQ/s320/Iberia-Logo1.JPG)
A compañía aérea española máis importante,
Iberia, acaba de lanzar unha campaña promocional dos seus voos no estado español para a que adoptou como imaxe de marca unha espléndida imaxe do inconfundible Monte Pindo, enmarcado por un ceo espectacular e polas augas turquesas da sempre radiante praia de Carnota.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhwYW2rUROQQ8FwjMzufmuKqjPErwMv4io4ZfHZ7rjwu4stjW9xQndgcGn7BQNtsNbky6GGsPu3bKSevtbI3AFvfVYY5RZbECRkuVfnQBAnxZVoXyvUGkZ4wl4ggZ-bsOrFdl_Ao4D-S2s/s400/Iberia.png)
Sen dúbida, o feito de que dunha compañía tan importante parta tal recoñecemento á beleza do Monte Pindo como para utilizalo de reclamo turístico do estado español demostra que, alén da maxia e o misterio que o rodea, no plano estético o Monte Pindo atrae e moito.
Sen ben a compañía non explica na campaña de onde é a imaxe, agardamos que a iniciativa xere máis interese en coñecer o Monte Pindo, a praia de Carnota e todo entorno deste enclave paradisiaco, cando menos mentras que os
aeroxeradores, canteiras,
adosados e outras herbas do século XXI non o destrúan.
Podedes visitar a páxina da campaña aquí, máis como supoñemos que se trata dunha ligazón provisional e suxeita á vixencia da campaña publicitaria, gardamos para o recordo a foto fixa da páxina
aquí.