Finalmente chegou a intervención máis agardada, a do profesor Xoán Ramón VIdal Romaní, catedrático de Xeoloxía e Director do Instituto Xeolóxico Isidro Parga Pondal. O reputado xeólogo pronunciou unha amena conferencia na que se abordou a formación do Monte Pindo dende a era carbonífera, ate o actual modelado superficial que produce interesantes formas xeolóxicas que espertan a atención da comunidade científica e deben ser estudadas e protexidas coa figura do Parque Natural. A respecto do recente achado de formacións con aspecto de fósiles en pleno Monte Pindo, catalogounas de extremadamente raras e interesantes cun notable interese xeolóxico, mais nun principio explícaas en base á actividade magmática previa ao emerxemento do Monte Pindo do subsolo hai máis de 300 millóns de anos, sendo pouco probable que realmente se trate de fósiles.A estas actividades, celebradas nun día marcado polo temporal e os continuos cortes do subministro eléctrico, asistiron numerosos interesados a título individual ou colectivo, entre eles concelleiros carnotáns de PSOE e BNG. Pola contra non quixo asistir asistiu ningún membro do PP, a pesar de seren sido convidados ata por 3 vías.
Desde a Asociación Monte Pindo Parque Natural acollemos con decepción a negativa do PP a asistir, porque precisamente a vocación desta actividade era axudar a superar o descoñecemento sobre a figura do Parque Natural, motivo esgrimido polo goberno municipal para rexeitar a iniciativa. Sen embargo a asociación reitera a súa dispoñibilidade a proporcionar toda a información necesaria aos veciños e aos políticos locais.