![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjoFUzRwfbEPr1X96-2p57Qjuh4o64HU9BAUoaowqjxbLas-TzN-hlh_u8QZmKmPGSkvRzHZWeD8pIpHlKR0zCapu6fRwxrDyZroK67b6q8n7dsuvJzYm7w0gINnelHwaHGzYucV3S58EM/s320/XentePindo.png)
A AMPPN foi fundada basicamente por persoas que representan ás parroquias que rodean o Monte Pindo, ademais de ecoloxistas promotores da idea. É polo tanto unha asociación composta maioritariamente por habitantes das inmediacións do Pindo que, orgullosos do seu patrimonio natural e cultural, pretenden poñelo en valor para compatibilizar un aproveitamento económico que impulse o turismo sostible e máis unha protección ambiental que sirva para a ordenación do territorio e máis para a protección dos seus grandes valores vexetais, animais, xeolóxicos e patrimoniais.
Con estes obxectivos convócase un Acto público de presentación da Asociación, que vai ter lugar o vindeiro sábado 13 de novembro de 2010 no Salón de Actos do Concello de Carnota, coa seguinte PROGRAMACIÓN
18:30 horas | Presentación pública da Asociación Monte Pindo Parque Natural.
19:00 horas | Conferencia aberta "Razóns para un parque natural no Monte Pindo". Coas ponencias de:
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhlsgG3YhuUstMb2ksL9-zIHmvxttYihbI5gzIPPmfRPaYeJqQWzHrJrdiBcWoYai-Own56s8B0OBWwPiUZLORKKWx7NzDNZ6xzwJ4Ye5RPmgliFlYIRlB8NTHgRy-B4ywDrfrCfrBSF8I/s320/Vidal+romani.jpg)
- Xilberto Caamaño Beiro, presidente da Asociación Monte Pindo Parque Natural.
- Martiño-Fiz López Lindoso, biólogo e relator da iniciativa "Monte Pindo Parque Natural"
- Fins Eirexas Santamaría, xeólogo e secretario executivo de ADEGA
- Juan Ramón Vidal Romaní (na foto), xeólogo e director do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal (UDC)
(Ao remate todo o público poderá formular as súas preguntas a calquera dos poñentes)
A esta conferencia xa convidamos ademais de numerosísimos colectivos do entorno, aos 3 grupos políticos que forman a corporación municipal de Carnota, e especialmente ao señor alcalde de Carnota, José Oreiro que ten manifestado a falta de información como a única razón para opoñerse a este ilusionante proxecto de que o Monte Pindo se convirta no 7º parque natural galego.
CONFIRMA A TÚA ASISTENCIA OU DIFUNDE EN FACEBOOK