Trekker

Esta é a páxina do programa Trekker Monte Pindo, froito dunha colaboración entre Google Inc. e a Asociación Monte Pindo Parque Natural para mapear e dixitalizar as rutas do Monte Pindo e do seu entorno, e posibilitar a visita virtual na aplicación Google Street View para que calquera persoa do mundo, incluso aquelas con dificultades para percorrer personalmente este espazo, poida facelo cando menos virtualmente.

Os traballos comezarán na primavera de 2017 e desenvolveranse a través de voluntariado, que poderá inscribirse no seguinte formulario. Para participar é fundamental un bo coñecemento dunha ou varias das rutas do Monte Pindo, do Concello de Carnota e do entorno e estar capacitado para percorrer a pe unha ruta de sendeirismo completa, con paso constante, e portando á espalda unha mochila cuxo peso aproximado é duns 20 kg. A asignación de persoas ao proxecto farase segundo o criterio da organización.

Para máis información deste proxecto consulta en info@montepindo.org.