![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg9v_svGaljcIT8Tsz43CvlUaC4vP_zIOKemuHpGQ2lxpDcqqKfUjDVL6TG_yoV_9FiVjD9eO3wPOOUiD2_oGr2ScOFh3-c8DjQtdg9x98_PSWo4MvqILLKEX6eeV83xoJ3ZhwfmRqYPPY/s320/Miro+XIL+CAAMA%C3%91O+WHATSAPP+.jpg) |
Miro Villar, coordinador da obra xunto con Chisco, que non puido asistir |
Calurosa benvida recibiu o poemario colaborativo "
Versos no Olimpo" no marco da Feira do Libro de Cee, o pasado martes ás 22:30h, na rúa da Pena. Antes do recital poético a cargo de parte dos autores que prestaron as súas creacións para esta obra, Xilberto Caamaño e Miro Villar, presidente de Monte Pindo Parque Natural e coordinador da obra respectivamente, foron os mestres de cerimonias que participaron aos cidadáns de Cee e da bisbarra desta escolma poética do Olimpo Celta por autores tanto contemporáneos como dos 3 séculos pasados, e que é unha realidade grazas a un proxecto de subscrición popular que acadara o seu obxectivo de reservas nun tempo récord.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjbstZkzbjT_jhBPmD7-huo0r6AqV04czwRWHka4OWRIKISVhh9RpyBZlFAzpBcv1Bq7HFmFT4Kx3gM9jJDsT2vtcZc00oj_3CMIOc51Z21wAtK2inmqeYuXHEpL5gNFH0zJB7nCMLqo9Q/s200/Detalle+XIL+CAAMA%C3%91O+WHATSAPP+130814+.jpg)
O Concello de Cee agasallounos cun detalle que compartimos con todos vós, obra do noso veciño Nacho Porto.
Desde a Asociación Monte Pindo Parque Natural agradecemos tanto á Concellería de Cultura do Concello de Cee como a Manuel Alvariñas, da librería Trazos de Cee e organizador do evento, que contaran con nós nesta ocasión permitíndonos levar as poesías do noso monte sacro a novos horizontes, neste caso moi moi próximos na distancia e no sentimento.