Non cabe dúbida que o Monte Pindo desata paixóns non só nos que residimos debaixo da súa influencia mística, e así é agora o Club de Montañeiros Celtas, entidade deportiva viguesa nacida nada menos que en 1942, o que se sumou á petición veciñal para que o Monte Pindo sexa declarado parque natural.A entidade nace en 1942 (ver imaxe inferior) ao abeiro do Real Club Celta de Vigo, coa fusión do Centro Excursionista de Galicia (nacido en 1936) e a Peña Excursionista Viguesa (nacida en 1938). En outubro de 1952, a agrupación desvencéllanse do RC Celta de Vigo consolidando definitivamente esta entidade que traballa pola práctica e difusión dos deportes de montaña en todas as súas modalidades: montañismo, sendeirismo, escalada, esquí, espeleoloxía, bici de montaña, subacuáticas...
Sen dúbida este novo apoio, sobre todo sabendo de quen procede, vai insuflar novo aire fresco a todos os que amamos o Monte Pindo, e sobre todo nos que disfrutan da súa faceta máis deportiva e aventureira. A todos os montañeiros celtas, parabéns pola súa encomiable traxectoria polo ben do deporte ligado ao disfrute do noso medio natural, que no caso do Monte Pindo, tamén é seu.